CRTVG

Buscar

A Xunta duplica os fondos destinados ao apoio de familias numerosas

Publicado o 13/06/2021 21:57

A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia reuniuse en Vilagarcía cunha representación das 26.800 familias numerosas que hai en Galicia para darlles a coñecer as axudas das que se poden beneficiar. A Xunta acaba de aprobar un Plan de apoio as familias con tres ou máis fillos dotado de 62 millóns de euros que estará en vigor ata o ano 2023.

"Este plan de apoio a familias númerosas vai a duplicar o financimento dos anos anteriores . É un documento que engloba 50 medidas", di Fabiola García, Conselleira de Política Social.

Medio cento de medidas como a bonificación do 50 por cento no canon da auga, axudas para afrontar a factura eléctrica ou o pago do comedor escolar. Descontos nas peaxes e reducción ou exención do pago das matrículas universitarias son algunhas delas. Como novidade ,o executivo incorpora a dixitalización do título de familia numerosa.

"E non ter que andar co papeliño no bolso para ter que acreditar que formas parte dunha familia numerosa".

"O que queremos é continúar mellorando este plan e para iso precisamos da vosa colaboración", afirmou Fabiola García, conselleira de Política Social.

Acompañada do alcalde da vila e do director xeral de Familia e infancia, a conselleira escoitou ás familias. Solicitaron que todas as administracións avalien a renda familiar do mesmo xeito e tendo en conta o número de fillos.

Unha petición que, dixo a conselleira, xa está recollida na Lei de impulso demografico de Galicia

Noticias web

13/06/2021