CRTVG

Buscar

A Xunta di que a baixada do IVE da electricidade é unha nova improvisación do Goberno

Publicado o 22/06/2021 13:15

Na Xunta agardan que a rebaixa do IVE no recibo eléctrico vaia acompañada doutras medidas que garantan a estabilidade dos prezos máis a longo prazo.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía tamén anunciou que van incrementar as axudas do bono social para evitar cortes de luz en Galicia, unha partida que xa supera 1. 600.000 euros. Pero que ten moita demanda, cun aumento das solicitudes de case un 40 %.

Paralelamente, as pequenas empresas e autónomos poden pedir ata o 6 de agosto o bono de enerxía PEME, para mellorar a súa eficiencia enerxética e aforrar na factura da luz. 

Noticias web

22/06/2021