A Xunta destinará máis de 20 millóns ás axudas pola Covid-19 para o transporte e a I+D+i
Publicado o 30/07/2020 15:23
O consello da Xunta autorizou o pago de máis de 3 millóns e medio de euros para as empresas do transporte interurbano de viaxeiros por estrada. O obxectivo é ofrecerlles liquidez ante a perda de ingresos provocada pola covid-19.
Ademais, o Goberno galego vai investir 18 millóns de euros no reforzo de actividades de I+D+i na nosa comunidade.