CRTVG

Buscar

A Xunta destina axudas á hostalería para instalar terrazas e mercar envases biodegradables

Publicado o 23/11/2020 15:07

As últimas axudas do Goberno galego á hostalería son para terrazas e envases biodegradables. Sabemos que os lugares pechados son os máis propicios para os contaxios, polo tanto contar con terrazas ao aire libre é o mellor xeito de asegurar a actividade para os locais hostaleiros.

Por iso moitos preparan a adaptación das súas terrazas con toldos, calefacción ou parasois que sirvan para facer máis cómoda a consumición para os clientes. Tamén os restaurantes se adaptan a outro xeito de consumo coa comida para levar.

Hoxe visitamos o que hai uns meses era un dos locais máis concorridos da Coruña á hora do xantar ou das ceas. Agora reinventa a súa carta con comida para levar á casa.

Deste xeito poden manter a actividade dun negocio con boa parte dos traballadores en ERTE.

Ata 20.000 euros poderán solicitar os hostaleiros de negocios con menos de 50 empregados para a compra de envases biodegradables e tamén para a instalación de terrazas.

Unhas axudas que cubrirán ata un 80% da obra e buscan chegar a uns 1.400 autónomos galegos.

Así, a hostalería mira con moita prudencia unha campaña de Nadal que vai ser diferente e para a que xa preparan alternativas.

Noticias web

23/11/2020