A Xunta destina 8,5 millóns para que as entidades sen ánimo de lucro contraten 500 desempregados
Publicado o 17/08/2020 14:33

A Xunta destina oito millóns e medio de euros a axudas para entidades sen ánimo de lucro. A convocatoria permitirá contratar 500 persoas desempregadas a tempo completo durante nove meses, para traballar nesas entidades prestadoras de servizos sociais.
O prazo para solicitar as axudas está aberto ata o 14 de setembro, segundo se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia.