A Xunta destina 6,5 millóns para estender a gratuidade da gardería a partir do segundo fillo
A gratuidade na educación infantil para os segundos fillos e sucesivos implantarase a partir do un de abril. No caso das garderías públicas, concertadas e de iniciativa social xa existe a normativa necesaria para esta medida. Agora, a Xunta de Galicia habilita os 6 millóns e medio de euros para que preto de 200 centros privados se sumen á iniciativa.
Por cada segundo fillo e sucesivos, financiarase o cen por cento da mensualidade, ata un máximo de 260 euros por praza a xornada completa. Tamén se bonificará o custo de matriculación para o curso 2020/2021 ata un tope de 200 euros.
Na Xunta de Galicia, segundo salientan, tenden a man a todos os concellos para que introduzan a medida a partir do un de abril. Durante 2020 dediracarán máis de dous millóns de euros a financiar a gratuidade nas escolas infantís municipais.
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "Esta decisión que abrangue a 16.000 familias terá vixencia a partir do 1 de abril. Os pais non teñen nada que facer. Serán os centros os responsables de entenderse con nós".