CRTVG

Buscar

A Xunta destina 30 millóns aos 'hubs de innovación' para pemes e emprendedores

Publicado o 09/12/2019 20:26

Dar un paso máis en Galicia para que as pequenas e medianas empresas, e tamén emprendedores, poidan acceder ás novas tecnoloxías e implementalas. Nisto consisten os chamados 'hubs de innovación dixital', en que colaboran grandes empresas e universidades, unha iniciativa presentada esta tarde pola Xunta. Contará cun orzamento de 30 millóns de euros ata o ano 2022.

Francisco Conde, conselleiro de Industria: "A través dos 'hubs de innovación dixital' imos ter unha colaboración efectiva entre as empresas e os centros de coñecemento para establecer catálogos de servizos a disposición das pequenas e medianas empresas. O que estamos buscando é que en Galicia os máis pequenos tamén teñan acceso á transformación dixital".

Noticias web

09/12/2019