CRTVG

Buscar

A Xunta destina 3,5 millóns para protexer a Ribeira Sacra

Publicado o 12/09/2019 17:22

O obxectivo do plan da Xunta é protexer a todos os niveis a Ribeira Sacra mentres agarda ser declarada Patrimonio da Unesco e Reserva da Biosfera. Inclúe dez propostas, que van dende axudas para rehabilitación de edificios e espazos públicos ata un estudo sobre o impacto que ten o cambio climático nesta zona. Porque a sensibilización ambiental será un dos piares deste plan. E nesa liña haberá un proxecto piloto para que os escolares colaboren na recuperación de viñedo e zonas degradadas. E co fin de fomentar un turismo sustentable, outras das iniciativas son poñer en marcha un pacto pola paisaxe e crear unha nova ruta, Árbores con Historia.

Noticias web

12/09/2019