CRTVG

Buscar

A Xunta destina 3,5 millóns de axudas a fomentar a eficiencia enerxética na industria e o sector servizos

Publicado o 03/02/2020 13:53

A Xunta destina 3,5 millóns de euros para subvencionar a implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro enerxético en empresas galegas do sector industrial e de servizos.

A axuda máxima será de 100.000 euros, que podería chegar ao millón no caso de proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro enerxético, e o prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 20 de febreiro.

O obxectivo desta liña de axudas é fomentar nas empresas galegas dos sectores industrial e de servizos os investimentos en aforro e eficiencia enerxética e reducir a factura de enerxía.

A subvención cubrirá o 35 por cento do custo da actuación para as grandes industrias, que se incrementará nun 10 para as medianas e nun 15 por cento para as pequenas empresas.

Con carácter xeral, a axuda máxima por proxecto é de 100.000 euros, pero no caso de proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro, a subvención podería chegar ata o millón de euros.

"Atenderemos cen proxectos de aforro e eficiencia enerxética, e estes 3,5 millóns de euros de subvención mobilizarán un investimento de practicamente 9 millóns de euros".

O prazo de presentación das solicitudes remata o próximo 20 de febreiro e as empresas disporán ata o 30 de setembro para executar e xustificar o investimento.

Noticias web

03/02/2020