A Xunta destina 2,5 millóns de euros para mellorar 30 parques empresariais galegos
Publicado o 17/07/2020 15:34
O Consello da Xunta aprobou a mellora dunha trintena de parques empresariais galegos.
Vanse destinar 2,5 millóns de euros na mellora das infraestruturas, dos sistema de depuración e a vixilancia dos polígonos industriais ubicados nos concellos emprendedores galegos.
O obxectivo é mellorar a oferta de solo empresarial para fomentar así a creación de emprego.