CRTVG

Buscar

A Xunta destina 120 millóns de euros á educación dixital nos tres próximos anos

Publicado o 02/09/2021 15:06

A transformación dixital xa comezou nas aulas galegas, pero a aprobada hoxe á a folla de ruta da próxima década. "É un documento amplo que abrangue a toda a comunidade. Para os tres primeiros anos ten un presuposto de 120 millóns de euros", explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O obxectivo é educar para a vida dixital e que ningún alumno quede atrás no proceso de dixitalización, que á vez debe servir para loitar contra o reto demográfico. A estratexia contempla doce accións en todas as áreas académicas que involucran toda a comunidade educativa.

Dende unha aula virtual intelixente ata actividades extraescolares virtuais. Amais, todos os centros educativos contarán con polos creativos que servirán de referente para clubs de ciencia ou robótica.

Noticias web

02/09/2021