A Xunta destina 10 millóns a impulsar a venda e internacionalización dos produtos galegos de calidade
Publicado o 18/06/2020 15:28
A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a impulsar a venda, comercialización e internacionalización dos produtos galegos de calidade.
Trasladóullelo o conselleiro de Medio Rural aos consellos reguladores galegos nunha videoconferencia.
A potenciación da marca Galicia Calidade facendo especial fincapé nos selos de calidade, a posta en marcha dun plan de internacionalización ou a creación de mercados singulares nas catro provincias son algunhas das medidas que se porán en marcha de forma inmediata para reactivar o sector primario.