CRTVG

Buscar

A Xunta denuncia "discriminación" do Goberno a Galicia por 660 millóns na repartición de fondos covid

Publicado o 27/04/2021 12:51

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, denuncia unha "discriminación" do Goberno central a Galicia na repartición de fondos contra a pandemia, xa que a comunidade galega "tería que ter" 660 millóns máis con base nos criterios de financiamento autonómico.  

Así o expuxo nunha comparecencia no Parlamento galego, na que se queixou de "múltiples exemplos de penalización" que sofre Galicia debido aos "diferentes e cambiantes" criterios aplicados polo Estado.  

Na súa intervención, sinalou que o Goberno galego tivo un gasto extraordinario de 629 millóns en 2020 pola pandemia, cun "esforzo adicional" de 90 millóns por riba dos recursos recibidos.  

Por iso, Valeriano Martínez chamou ao "apoio de todos os grupos" para demandar que se "corrixa esta discriminación" na próxima repartición de fondos europeos de reconstrución en favor da "cogobernanza".