CRTVG

Buscar

A Xunta decretará novas restricións este mediodía: A Coruña e Santiago endurecerán as medidas

Publicado o 08/01/2021 08:58

Galicia entra na terceira vaga do virus cunha incidencia en niveis de alto risco. Este mediodía os expertos que asesoran a Xunta vanse reunir e, seguro, van saír novas restricións. A Coruña e Santiago representan os principais problemas. 

Nas áreas sanitarias da Coruña e de Santiago dáse por feito que se van endurecer as medidas porque a taxa de positividade está por riba dese 5 % recomendado pola OMS. Agora mesmo estamos no 8,3% desa taxa de positividade.

Os expertos advertían antes das festas que esta terceira onda ía dar comezo 14 días despois das celebracións de Nadal. 

Tanto na Coruña como en Santiago estase a soportar a maior presión hospitalaria. Na área sanitaria de Santiago hai 100 persoas ingresadas, nove delas na UCI, e na da Coruña hai 104.

Ás catro da tarde haberá unha conferencia de prensa do Comité Clínico onde se darán a coñecer as novas medidas. Dáse por seguro que se van restrinxir tanto na Coruña e en Arteixo como en Santiago, Ames e Teo.

Noticias web

08/01/2021