CRTVG

Buscar

A Xunta iniciou a elaboración dos orzamentos para 2021

Publicado o 11/10/2020 14:57

A Xunta iniciou a elaboración dos orzamentos para 2021 que, segundo avanza o Goberno galego, priorizarán a recuperación económica, o emprego e o reforzo dos servizos públicos.

A Consellería de Facenda e Administración Pública publicará nos próximos días a orde pola que se ditan as instrucións para a elaboración das novas contas. O executivo galego acelera así o proceso de elaboración dos presupostos tras coñecer esta mesma semana algunhas das principais magnitudes económicas. As contas de 2021 buscan acelerar a recuperación, mitigar os efectos da pandemia da covid-19 nas familias e no tecido produtivo, e impulsar o Xacobeo 2021. Inclúen por primeira vez un informe co orzamento en clave de obxectivos da axenda 2030 para o desenvolvemento sostible.

Noticias web

11/10/2020