A Xunta dará préstamos de ata un millón de euros ás auxiliares do naval
O atraso no contrato das fragatas para Navantia ou as situacións como as de Barreras, explica a Xunta, poñen en serios apuros as empresas auxiliares, ás que esta liña de axudas pretende apoiar. O Goberno galego facilitaralles préstamos de entre 50.000 euros e un millón de euros, cun prazo de amortización de cinco anos, para que poidan asumir gastos mentres non cobran.
"O obxectivo é que poidan recorrer a estes préstamos antes de que a súa situación de tesourería se complique máis e ver se somos capaces de que os accionistas de Barreras se poñan darcordo para salvar o estaleiro, recuperar a carga de traballo e pagar o que deben ás auxiliares", afirmou Feijóo.
O presidente explicou que van abrir axiña o prazo de solicitudes para estas axudas e que pemanecerá aberto ata o 31 de decembro do ano que vén.