A Xunta dálle o visto e prace definitivo ás OPE de Sanidade e Administración
A Xunta acaba de darlle o visto e prace definitivo ás oposicións para Sanidade e Administración correspondentes a este ano.
Para Sanidade haberá 985 prazas, e tal e como se avanzara, na especilalidade de Medicina sumará puntos traballar en hospitais comarcais ou centros de saúde afastados das cidades.
A oferta para Adminustración xeral da Xunta ascende a 2.962 prazas e a maiores o decreto inclúe 3.410 máis para a funcionarización do persoal laboral fixo.
Alberto Núñez Feijóo insiste en que a vontade do Goberno galego era convocar máis.
Xunto con isto, o Consello da Xunta tamén aprobou hoxe as condicións de teletraballo para os empregados públicos da Administración.
Será voluntario e reversible, os traballadores terán dereito á desconexión dixital e facilitaránselles os medios técnicos necesararios.