CRTVG

Buscar

A Xunta cuestiona o reparto de axudas directas a empresas e autónomos

Publicado o 13/03/2021 14:37

A Xunta considera que se está penalizando os sectores da hostalería e do comercio galegos.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, asegura que a distribución dos fondos económicos entre comunidades autonómas non obedece a criterios obxectivos. Tamén manifestou que, segundo o sistema de financiamento autonómico, a Galicia corresponderíanlle 330 millóns de euros, e non os 220 millóns que finalmente se lle asignaron.

"O Goberno establece medidas con criterios territoriais e, lamentablemente, está penalizando neste caso tanto a hostalería coma o comercio de Galicia, porque aplica uns criterios de reparto distintos aos habituais. Polo tanto, Galicia vai percibir cento dez millóns de euros menos dos que lle correspondería nunha situación de reparto ordinaria", salientou o vicepresidente económico.
 

Noticias web

13/03/2021