CRTVG

Buscar

A Xunta critica que o Plan estatal do Xacobeo se presente en Oviedo e non contemple partidas presupostarias

Publicado o 15/06/2021 14:09

A Xunta presenta alegacións ao plan estatal do Xacobeo. Alfonso Rueda, que hoxe se reuniu con alcaldes do Camiño Francés, considera que é un documento baleiro porque non inclúe ningunha partida presupostaria, nin contempla ningunha acción específica en Galicia. Manifesta a sorpresa da Xunta porque o Goberno vaia presentar o Plan en Ovidedo e non en Galicia, a pesar de ser o final do Camiño e a unica comunidade por onde conflúen todas as rutas.

Noticias web

15/06/2021