A Xunta critica a indefinición do Goberno na Mesa da Automoción
Publicado o 23/11/2020 14:44
O vicepresidente económico da Xunta censura a indefinición das medidas presentadas polo Goberno na Mesa da Automoción.
Francisco Conde critica que non confirmasen se van retirar do proxecto de presupostos xerais a suba do diésel nin si se van modificar os tramos fiscais do imposto de matriculación. Dous puntos que a Xunta considera de vital importancia para xerar confianza no consumidor, xa que a demanda de vehículos marcará nos próximos meses a evolución do emprego no sector industrial.