A Xunta crea un grupo de seguimento do 'brexit'
Alfonso Rueda presidirá este grupo de traballo, que terá como vicepresidente o conselleiro de Economía e como secretario o director de Relacións Exteriores da Xunta. Nel participarán todos os departamentos do Goberno galego que analizarán ao minuto cada movemento que se produce con respecto á saída do Reino Unido da Unión Europea. Avaliarán o seu impacto e pedirán medidas compensatorias e solucións a problemas que se detecten.
"Máis de 15.000 galegos residen no Reino Unido e temos sectores produtivos afectados, como a pesca, o téxtil e a automoción. Por iso, esta comisión interdepartamental queda constituida de forma inmediata", dixo Feijóo.
O grupo da Xunta sumarase á comisión especial sobre pesca para Galicia que vai crear o Goberno central.