A Xunta crea as Medallas Emilia Pardo Bazán para premiar a igualdade
Publicado o 07/03/2019 20:05
Galicia terá unhas medallas para recoñecer o labor de persoas ou institucións que traballan a prol da igualdade entre homes e mulleres. A Xunta acordou este xoves iniciar os trámites para crear estes galardóns que levarán o nome de Emilia Pardo Bazán por ser unha precursora nas ideas sobre os dereitos das mulleres, segundo explicou Alberto Núñez Feijóo.
Trátase dun premio para todos os que traballen pola igualdade: homes e mulleres. As medallas evan o nome desta precursora galega do feminismo. A autora de Los pazos de Ulloa faise galardón. Esta novelista, ensaísta e defensora dos dereitos das mulleres convértese no recoñemento contra as desigualdes de xénero e contra a violencia machista.