As administración reforzan os controis contra o botellón e advirten de que haberá multas
• O Goberno galego coordina coas outras administracións o dispositivo para frear o 'botellón'
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu este venres, mesma xornada na que a Delegación do Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) mantiveron outro encontro de coordinación, unha reunión con representantes de forzas e corpos de seguridade para tratar de coordinar actuacións para esta fin de semana, no que se introducen novas medidas.
O Executivo autonómico ratificou que as forzas da orde "extremarán a vixilancia" esta fin de semana para evitar concentracións prohibidas de persoas en rúas, prazas ou parques, e para vixiar o cumprimento das medidas estipuladas para o lecer nocturno en Galicia.
Así, as forzas da orde extremarán a vixilancia para evitar concentracións de persoas de noite en espazos públicos como prazas, praias ou xardíns, e sempre que sexa posible, precintarán ou valarán o seu acceso para impedir a entrada.
En todo caso, os axentes "actuarán con contundencia" para garantir que non se quebranten as normas, asegurou Rueda, en declaracións aos medios. O vicepresidente primeiro insistiu en que o botellón está prohibido e en que se seguirá sancionando a quen participe destas concentracións nas rúas, con multas que van ata os 300 euros por persona.
Lembrou, ademais, que o uso da máscara segue sendo obrigatorio sempre que non se poda manter a distancia social. Os botellóns son a terceira causa máis común nas denuncias presentadas polos concellos pequenos e medianos que tramita a Xunta, cun balance total de máis de 1.200 sancións cobradas.
Os controis policiais para que se cumpran as novas restricións da Xunta, pero os municipios galegos e a Delegación do Goberno queren participar nos órganos de consulta e de toma de decisión dado que as medidas que se aproban fronte á pandemia lles afectan. Tamén demandan información da Policía Autonómica para facilitar a coordinación entre dispositivos. En todo caso, Miñones e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, constataron a "boa coordinación" entre Policía Nacional e Garda Civil coas policías locais, tamén con patrullas mixtas.