CRTVG

Buscar

A Xunta convoca 305 prazas de auxiliar de clínica

Publicado o 25/02/2019 16:06

O Diario Oficial de Galicia publica a nova oferta de prazas. Das 305 vacantes ofertadas, 76 destinaranse a promoción interna e haberá 21 reservas para persoas con discapacidade. Contarán ademais cun procedemento máis áxil, xa que haberá un só exercicio de carácter eliminatorio. Este cambio obedece ao obxectivo de axilizar o proceso para que as persoas que acaden unha praza fixa accedan antes á Administración autonómica.

Son as primeiras oposicións de auxiliar de clínica nos últimos trece anos e destinaranse a cubrir prazas en centros de política social, de atención a maiores e dependentes.

As persoas interesadas teñen un prazo de 20 días hábiles para apuntarse a esta convocatoria, da que se celebrarán as probas no recinto feiral de Silleda.

A Xunta avanza que nos próximos días se convocarán novas prazas públicas, en concreto 269, para reforzar o servizo de prevención e extinción de incendios forestais.


 

Noticias web

25/02/2019