CRTVG

Buscar

A Xunta confía na decisión da xustiza para regular o marisqueo

Publicado o 25/05/2021 17:17

A Xunta critica o recurso co que o Ministerio de Transición Ecolóxica deixa en suspenso o plan marisqueiro de Galicia. A conselleira do Mar ve "incomprensible" que o Goberno central esixa un informe que nunca foi solicitado dende que os plans xerais entraron en vigor nos anos 90.

Nunha visita ao punto de control de marisqueo na praia da Xunqueira, en Moaña, Rosa Quintana dixo que este requisito é ilóxico porque o plan se limita a regular a actividade, pero non outorga zonas de explotación marisqueira en zonas de dominio público marítimo-terrestre.

Noticias web

25/05/2021