CRTVG

Buscar

A Xunta confía en que a auditoría en Barreras axude a identificar solucións

Publicado o 20/11/2019 19:59

Seguen as negociacións na procura dunha solución para Barreras, que está en preconcurso de acredores. O conselleiro de Economía confía en que o resultado da auditoría que se está a realizar no estaleiro vigués permitia definir canto antes as medidas que sirvan para reactivar o traballo. Mentres tanto, subliñou Francisco Conde, a Xunta segue a colaborar con todos os axentes implicados.

"A Xunta xa actuou establecendo unha liña de axudas á industria auxiliar para que poida ter un colchón para afrontar as dificultades financeiras. O Goberno galego tamén estará colaborando co Ministerio de Industria, CESCE e Pymar para identificar esa solución que agardemos que o Consello de Administración de Barreras poida concretar de forma inmediata".

Noticias web

20/11/2019