CRTVG

Buscar

A Xunta confía en que a xustiza tamén valide o uso do pasaporte covid nos albergues

Publicado o 06/10/2021 16:27

Seguimos coa conta atrás para ampliar as ocupacións na maioría de establecementos e actividades a partir do sábado. Os albergues de peregrinos poderán aumentalas ata o 75 % sempre que pidan o certificado de vacinación.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dicía este mércores que agardaba que non houbese problemas para a aplicación do pasaporte covid nos albergues "como tampouco o houbo no caso do ocio nocturno".

Hoxe, ademais, saen publicadas no Diario Oficial de Galicia novas axudas para os establecementos turísticos e de hostalería, mentres non recuperan por completo a normalidade. Son 6 millóns de euros para investir en material e reformas que melloren a seguridade sanitaria. A Xunta leva investidos 16 millóns de euros neste tipo de axudas dende que comezou a pandemia.

Noticias web

06/10/2021