A Xunta concede a bandeira verde a nove concellos polas boas prácticas medioambientais
Publicado o 06/10/2021 20:50
A Xunta de Galicia concede nove bandeiras verdes a outros tantos concellos para recoñecer as súas boas prácticas para a protección e a conservación da paisaxe. Repiten distinción Porto do Son e Moaña, que foran os primeiros en lograla o pasado ano.
Nesta segunda edición incorpóranse á lista Curtis, Ordes, Mondoñedo, Alfoz, Parada de Sil, Outeiro de Rei e Sober.