CRTVG

Buscar

A Xunta mellorará o acceso á atención hospitalaria da área de Vigo en tres meses

Publicado o 18/01/2019 19:13

O acordo acadouse nunha reunión entre Almuíña e os xefes de servizo, dos que o 80 % presentara a súa dimisión en decembro

A Xunta comprométese a mellorar o acceso á atención hospitalaria na área de Vigo en tres meses. É un dos acordos da reunión de cinco horas que mantivo o conselleiro de Sanidade cunha representación dos xefes de servizo de atención primaria da zona, entre eles, varios dos que presentaron a súa dimisión hai pouco máis dun mes.

Á reunión acudiu unha representación dos xefes de servizo da área de Vigo e varios cargos de Sanidade, encabezados polo conselleiro, que destacou a asunción de medidas concretas en tres meses canda outras a máis longo prazo.

Trataron problemas da área sanitaria de Vigo, onde a primeiros de decembro presentou a súa dimisión o oitenta por cento dos xefes de servizo e de unidade de Atención Primaria. Unha renuncia que foi rexeitada polo Sergas, pero que provocou que non se uniran aos grupos de traballo que estes días están a facer propostas para esta rama sanitaria. Así foi que neste encontro de cinco horas tamén se falou de cuestións xerais sobre a mellora da Atención Primaria en Galicia.

Outros temas que abordaron foron a necesidade de aclarar a nova modalidade de contratación para os médicos substitutos ou os problemas dos PAC.

Noticias web

18/01/2019