A Xunta comprométese a investir 170.000 euros para rematar a Vía Verde do Salnés
Publicado o 16/09/2019 13:26
A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso de investir 170.000 euros para rematar a Vía Verde do Salnés, polo antigo trazado ferroviario. Díxoo a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, antes de reunirse cos alcaldes de Caldas, Vilagarcía e Portas.
O propósito desta xuntanza é intentar retomar o proxecto despois de que os municipios asinaran un convenio coa Deputación provincial, á marxe da Administración autonómica. Os representantes de Vilagarcía e Caldas din que o investimento comprometido era superior, duns 200.000 euros.