CRTVG

Buscar

A Xunta comprométese a buscar un socio industrial para Barreras

Publicado o 30/07/2021 14:47

A Xunta comprométese a buscar un socio industrial que garanta a viabilidade de Barreras. Explicoullo o conselleiro de Economía ao comité de empresa do estaleiro. De momento, non hai nomes sobre a mesa. Pero Conde garantiu que a Xunta tutelará o proceso para tentar manter a carga de traballo e con ela o emprego, tanto en Barreras como na industria auxiliar.

"O primeiro é trasladar apoio aos traballadores nunha situación de dificultade como a que teñen co ERTE, e traballar conxuntamente entre administración, os traballadores e o estaleiro para poder identificar ese socio industrial que poida garantir a viabilidade e a carga de traballo para futuro", dixo Conde.

"Temos que ser realistas desde o punto de vista da situación actual", asegurou o vicepresidente económico, quen engadiu que, "desde logo, a Xunta non só tutelará, senón que traballará de forma proactiva para atopar esta solución compartindo esta situación tanto co estaleiro como cos propios traballadores", concluíu

Noticias web

30/07/2021