CRTVG

Buscar

A Xunta comeza a expedir vía electrónica o certificado de vacinación

Publicado o 20/04/2021 14:31

Os galegos que recibiron a vacina xa poden obter por Internet o documento que acredita a súa inmunización. O certificado de vacinación que expide a Xunta de Galicia é gratuíto e está impreso en tres idiomas: galego, castelán e inglés. 

Recolle os datos do paciente como nome, documento de identidade e da súa tarxeta sanitaria, e tamén datos da vacina: marca, lote, o centro e a data en que lla administraron. Ademais inclúe un código QR para garantir a súa autenticidade. 

A idea é que o certificado galego sexa facilmente substituíble polo europeo cando se poña en marcha. Para facerse con el hai que darse de alta como usuario no sistema de certificación electrónica e solicitar no seu centro de saúde un permiso para acceder á súa historia clínica con esa validación. Iso si, unha vez dentro do sistema, a obtención do certificado resultaría moi sinxela.

Dentro dunha ou dúas semanas poderá obterse nos centros de saúde e nos centros de vacinación. Almacénase no cartafol persoal do paciente, dentro da súa historia clínica. Contan que nunha ou dúas semanas, o documento poderá estará nos centros de saúde e nos recintos de vacinación masiva. 

Noticias web

20/04/2021