CRTVG

Buscar

A Xunta chama a facer un pacto de Estado por Ferrol

Publicado o 29/04/2021 15:39

A Xunta chama a facer un pacto de Estado por Ferrol. O Consello acordou hoxe abrir un proceso de diálogo con empresarios, sindicatos, partidos políticos e administracións para a recuperación industrial da comarca de Ferrolterra.

O Goberno galego busca coordinar as políticas da Xunta coas do Goberno, a Deputación e os concellos. Ferrol perdeu 30.000 habitantes nos últimos corenta anos. É a única cidade de Galicia que perdeu residentes.