A Xunta celebra a apertura do consulado honorario de Rusia en Vigo
Publicado o 28/06/2021 21:13
Esta tarde inaugurouse en Vigo o Consulado Honorario de Rusia en Galicia, que estará a cargo de Pedro Mouriño. É o primeiro que existe en Galicia, onde residen máis de 800 cidadáns rusos que agora contarán cun espazo para a asistencia e protección dos seus dereitos legais.
O embaixador de Rusia en España e o vicepresidente primeiro da Xunta manifestaron o seu convecemento de que este será un paso moi importante para lograr intercambios mutuos en temas como o turismo ou o mundo empresarial despois de meses difíciles marcados pola pandemia.