A Xunta cede unha mouteira a Castela e León para promocionar o Camiño
Publicado o 01/09/2021 21:06
Símbolos xacobeos no mundo é unha iniciativa da Xunta que busca expandir a marca xacobea. Este mércores e dentro deste proxecto, o vicepresidente primeiro, inaugurou en Astorga a mouteira cedida a Castela e León.
Alfonso Rueda lembrou que a aposta da Xunta por ofrecer Galicia como un destino seguro permitiu obter bos resultados de ocupación turística nestes meses. O vicepresidente primeiro dixo tamén que a previsión é rematar este ano superando os 140.000 peregrinos.