CRTVG

Buscar

A Xunta aumenta as axudas para contratar mulleres nun 70%

Publicado o 24/10/2019 19:38
A Xunta aumenta as axudas para contratar mulleres nun 70%

Para apoiar as empresas en dificultades, a Xunta vai multiplicar por tres as axudas previstas para o próximo ano. Acábao de anunciar o conselleiro de Industria, Francisco Conde. A partida orzamentaria é de 21 millóns de euros, destinados tanto ás empresas como a completar as cotizacións de traballadores incluídos nun expediente de regulación de emprego.

Tamén haberá un aumento significativo nas axudas a contratación de mulleres: aumentarán case nun 70 por cento.

Noticias web

24/10/2019