CRTVG

Buscar

A Xunta aumenta a 10 millóns o fondo para gastos derivados da covid nos centros educativos

Publicado o 07/09/2021 15:24

O curso comezará en Sanxenxo estreando colexio. O centro de educación infantil e primaria plurilingüe O Cruceiro custou 4 millóns e medio de euros e está construído seguindo o plan da Xunta para adaptar as aulas á situación sanitaria, con divisións e mobiliario móbiles.

Alberto Núñez Feijóo destaca o esforzo dos profesores para garantir o ensino presencial e anuncia un aumento do presuposto para axudar os centros a cumprir todos os protocolos contra a covid. "Imos aumentar o fondo de garantía educativa un 40%. Isto significa que os centros pasan de ter sete a dez millóns de euros para poder cubrir as eventualidades dos protocolos educativos", explicou o presidente.

Feijóo defende que os protocolos funcionaron o curso pasado, xa que a porcentaxe do persoal educativo contaxiado foi do 3,7% , por debaixo do 5% de media da poboación galega.

Noticias web

07/09/2021