CRTVG

Buscar

A Xunta asegura que os próximos presupostos son os de maior gasto social en 40 anos

Publicado o 16/12/2019 14:29

Por primeira vez desde que rematou a crise, os orzamentos de Galicia superarán os 10.000 millóns de euros. A Xunta aumenta o global das partidas un 3% con respecto a este exercicio, preto de 300 millóns.

Pero os de 2020 serán, sobre todo, os presupostos co maior gasto social nos últimos 40 anos: 7.400 millóns dos que máis da metade, 4.100, destinaranse á sanidade pública. Outro terzo, case 2.500 millóns, irán parar á educación e ao ensino. Os máis de 800 millóns restantes servirán para financiar as políticas de benestar social.

Ademais, a Xunta contempla nas súas contas un incremento salarial do 2,2% para os funcionarios públicos, e reservou 260 millóns para políticas de emprego coas que agarda crear arredor de 9.000 novos postos de traballo ao longo do próximo ano.

Canto ás estimacións económicas, o Goberno galego estima que a nosa economía seguirá medrando, neste caso un 1,9%, unha décima por riba do conxunto de España. A Xunta agarda que o paro siga baixando ata situarse arredor do 10%, e confía en que o déficit se manteña no 0,1%.

Noticias web

16/12/2019