Alfonso Rueda insiste en que Galicia e o Camiño son seguros para o turismo
Publicado o 18/07/2021 14:20
O vicepresidente da Xunta asegura que o Camiño é unha ruta segura. Os hoteis e albergues están cumprindo cos protocolos establecidos e, aínda que se produzan incidencias, son casos illados. Destaca as normas de separación e as limitacións de ocupación nos albergues, e a formación coa que contan os que os rexentan para poder actuar ante calquera incidencia.
Alfonso Rueda lembra, ademais, que os peregrinos teñen á súa disposición o seguro covid, que cobre a súa atención sanitaria.