A Xunta asegura que a Tarxeta Básica xa axudou máis de 45.000 galegos
Publicado o 22/04/2021 16:33
Galicia estuda a ampliación da Tarxeta Básica de axuda para as familias máis vulnerables. O director xeral de Inclusión Social dixo no Parlamento que dende que entrou en vigor se beneficiaron desta axuda máis de 45.000 galegos. Con ela puideron mercar produtos básicos de hixiene, alimentación ou farmacia.