CRTVG

Buscar

A Xunta aprobará unha nova partida de axudas directas para a actividade dos autónomos

Publicado o 15/06/2020 14:27

O Consello da Xunta aprobará o venres unha nova partida de axudas directas para os autónomos. Anunciouno o presidente da Xunta na reunión da Mesa de Autónomos. Son 16 millóns de euros para financiar o envío de produtos a domicilio, o comercio electrónico, gastos en licenzas ou facturas de teléfono, auga e gas. Engádense aos 32 xa aprobados para a adecuación dos espazos dos comercios e a dixitalización.

O Conselleiro de Economía, Emprego e Industria explicou que son "axudas para afrontar os gastos directos vinculados a aspectos loxísticos e de envío de produtos. Tamén de atención a través do comercio electrónico. Son axudas directas de ata 48 millóns de euros. 16 millóns de euros na transformación de espazos, 16 millóns de euros na dixitalización e 16 millóns de euros adicionais para axudas directas aos autónomos".

 

Noticias web

15/06/2020