CRTVG

Buscar

A Xunta aproba a lei de acción exterior para "maior protagonismo" de Galicia

Publicado o 30/01/2020 15:01

Ata o de agora, Cataluña era a única comunidade autónoma que gozaba dunha Lei de acción exterior, pero tivo que ser modificada substancialmente tras o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Estado. A Xunta presume de remitir ao Parlamento un texto pioneiro que parte do consenso.

As liñas de actuación da lei, en cuxa redacción se implicaron os sectores aos que vai dirixida, son múltiples. A primeira, impulsar a proxección de Galicia alén da comunidade, mediante a diversificación dos mercados exteriores ou a captación de capital mercantil, industrial e humano.Tamén mellorar a atención que reciben os galegos do exterior, favorecendo o regreso dos emigrantes e dos seus descendentes.

Ademais, a futura lei regulará a negociación dos tratados subscritos pola Xunta co Estado español, con outros países europeos, como Portugal, con quen Galicia comparte o proxecto da eurorrexión do noroeste peninsular; ou mesmo con estados extracomunitarios, aspecto que co brexit cobra maior importancia se cabe.

Por último, o texto pretende dotar Galicia dun maior protagonismo na cooperación para o desenvolvemento.

Noticias web

30/01/2020