CRTVG

Buscar

A Xunta aproba dez millóns para mellorar a formación de 4.300 parados

Publicado o 21/11/2019 14:50

A Xunta aprobou hoxe unha orde de axudas para mellorar a formación de 4.300 persoas desempregadas, unha iniciativa á que o Goberno galego vai destinar 10 millóns de euros.

Terán prioridade á hora de ser seleccionadas as persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas da violencia machista, os menores de 30 anos e os maiores de 45.

O curso será compatible co cobro da Risga e o obxectivo é que os participantes saian, polos menos, cun certificado de profesionalidade.

Noticias web

21/11/2019