CRTVG

Buscar

A Xunta aproba bonos de 30 euros para incentivar as vendas no comercio local

Publicado o 18/03/2021 14:50


Os bonos conseguiranse a través dunha aplicación da Xunta, descargando un código QR que se amosará no momento da compra. O cliente terá descontos do 20% nas tendas adheridas ata gastar un máximo de trinta euros.

O chamado Bono Activa terá unha validez de tres meses e os comercios que queiran apuntarse a este programa poderán sumar ata un máximo de 5.000 euros de facturación por estes descontos.

"Haberá 330.000 galegos que teñan un bono da Xunta de 30 euros. Iso vai mobilizar uns 55 millóns de euros nos comercios rexentados por autónomos e pequenas e medianas empresas. Cremos que é un xeito de promover o consumo ata o 30 de xuño", explica Alberto Núñez Feijóo.

A esta iniciativa a Xunta destina dez millóns de euros e enmárcase no paquete de medidas para a reactivación do comercio, dotado con 20 millóns.

 

Noticias web

18/03/2021