A Xunta aproba axudas para festivais de música e salas de cinema
Visto e prace do Goberno galego de 30 millóns de euros para apoios financeiros ás empresas en dificultades pola pandemia. As axudas serán entre 1 e 5 millóns en capital ou préstamo participativo e as beneficiarias terán que presentar un proxecto para a súa modernización.
Para o sector cultural, que aínda non pode recuperar a actividade prepandemia, a Xunta anuncia subvencións por un total de 540.000 euros para festivais de música e artes escénicas. Para as salas de cine haberá unha nova liña de subvencións de 350.000 euros. Primaranse as salas de localidades de menos de 25.000 habitantes.
A Xunta acaba de asinar ademais un convenio coa Asociación Profesional de Guías Turísticos. Destinarán a este sector 170.000 euros para crear novos produtos vencellados ao Camiño e aplicacións tecnolóxicas.