CRTVG

Buscar

A Xunta aproba a OPE para a Administración xeral, con 2.617 prazas

Publicado o 28/03/2019 20:33

Das 2.617 prazas que haberá para a Administración xeral, 1.543 serán de acceso libre, 227 para promoción interna e 847 para funcionarización do persoal laboral fixo. Máis de 800 de acceso libre concentraranse en servizos sociais.

A convocatoria, que se publicará no DOG nos vindeiros días, súmase ás de Sanidade e Educación, que xuntan entre as tres 6.004 prazas.

Soben ata o 75% as axudas de dependencia

Feijóo tamén confirmou que 19.000 galegos que reciben axudas de dependencia verán aumentada a súa nómina a partir da de abril, que cobrarán en maio. As subas serán de entre un 10% e un 75% e varían segundo o grao de dependencia ou se son atendidos na casa ou nunha residencia. A esta medida a Xunta destinará 10 millóns de euros.

Garda psicolóxica para vítimas da violencia de xénero

A Xunta tamén aprobou un plan de medidas para implantar en Galicia o pacto de Estado contra a violencia de xénero. Entre elas está un servizo de garda psicolóxica especializada e permamente para mulleres e fillos de vítimas da violencia machista. A esta medida dedicarán 350.000 euros.

Noticias web

28/03/2019