CRTVG

Buscar

A Xunta aproba a estratexia galega de intelixencia artificial

Publicado o 10/06/2021 16:21

O Goberno galego aprobou este xoves a estratexia de intelixencia artificial para a próxima década. A Xunta prevé que mobilizará máis de 470 millóns de euros e que, cada ano, creará mil empregos.

A intelixencia artificial vai mudar a forma de coidarnos, aprender, traballar, o noso tempo de lecer, e a Xunta, di, Feijóo, non só quere preparar a cidadanía galega para todos eses cambios, creando tamén un marco legar e ético axeitado, senón que aspira tamén a impulsar os investimentos neste terreo. De aí esta estratexia á que van dedicar 330 millóns de euros cos que pretenden mobilizar máis 470 millóns ata o 2030.

Outro dos obxectivos desta estratexia, explica o presidente, é crear cada ano mil empregos vencellados á intelixencia artificial.

Noticias web

10/06/2021