CRTVG

Buscar

A Xunta aproba a contratación das obras para ampliar o hospital de Ourense

Publicado o 17/06/2021 16:16

A ampliación do Complexo Universitario de Ourense inclúe a construción dun novo edificio de hospitalización e ambulatorio, a reforma do maternoinfantil e melloras nos accesos. A Xunta dedicará 52,6 millóns de euros a esta obra que suporá unha mellora nos servizos, sobre todo na área pediátrica.

Tamén en materia de infraestruturas sanitarias, o Consello aprobou a cesión do concello de Abegondo da parcela para construír un novo centro de saúde. Feijóo lembra que dende 2009 a Xunta fixo ou reformou 86 centros de atención primaria.
 

Noticias web

17/06/2021