CRTVG

Buscar

A Xunta aproba a compra de material para a vacinación e os cribados

Publicado o 18/02/2021 17:37

O Sergas está a facer probas piloto cos maiores de 80 anos para comezar o luns arreo coa inmunización deste colectivo. O Consello da Xunta acaba de aprobar unha nova compra de material para a campaña de vacinación, sobre todo xiringas, e tamén para os cribados. En total, investirase un millón e medio de euros.

O Goberno galego di que a evolución da pandemia é positiva, pero aínda non suficiente como para levantar as restricións. Será o luns cando o comité clínico decida se é posible suavizar algunha medida ou reabrir dalgún xeito a hostalería.

Polo momento, o executivo continúa os contactos co sector para tentar garantir unha reapertura segura dos bares e restaurantes cando a situación o permita. Este venres, pedirá a colaboración dos concellos na xuntanza da comisión de cooperación local da FEGAMP.

Anunciouno o vicepresidente primeiro tras a reuninón do Consello da Xunta. Alfonso Rueda, que compareceu pola viaxe de Feijóo a Madrid para reunirse con Teresa Ribera, considera que a axuda da Policía Municipal é un plus á hora de facer que se cumpran as normas.

Ademais, o vicepresidente primeiro volveu defender que Galicia ten que recibir o número de vacinas que lle corresponde por poboación de maiores de 80 anos.

Noticias web

18/02/2021