A Xunta aproba 17,4 millóns para axudas á compra de libros e material escolar
Publicado o 29/04/2021 16:17

O Consello da Xunta acaba de aprobar máis de 17 millóns de euros para axudas a libros de texto e material escolar.
O vindeiro curso manteranse os requisitos deste ano, máis flexibles por mor da pandemia, para que todas as familias que o precisen, di o Goberno galego, poidan recibir estes apoios.
Lembramos que hai tres tipos de apoios: o banco para préstamos de libros, axudas para a compra de libros e bonos para mercar material escolar.